O Chibón azul
Benvidos a xanela da nosa aula onde compartimos o noso día a día.
venres, 20 de marzo de 2026
mércores, 18 de marzo de 2026
PLASTILINA NOMEADA
Un día xogando coa plastilina alguén fixo o seu nome con ela e sacámoslle unha foto, entón os demais tamén quixeron e así todos e todas fixeron o seu nome con plastilina, deste xeito traballamos a motricidade fina e exercitamos os dediños para ter a forza correcta para coller os útiles de escritura.
luns, 16 de marzo de 2026
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Co motivo do Día das Artes Galegas, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e, tendo en conta o PDI do centro, propón a seguinte actividade:
traer un prato típico galego ou do resto do mundo aproveitando as diferentes nacionalidades que hai no colexio. Na plantilla hai poñer nome do prato, país e nome do neno/a e foto,debuxo ou recorte do prato, pinchando na imaxe de abaixo podedes descargar as plantillas, unha esta feita a modo de exemplo.
O último día para traelo é o martes 24 de marzo.
Graciñas de antemán !ARCO DA VELLA
luns, 9 de marzo de 2026
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Onte, 8 de marzo celebrouse o día da muller e no cole traballámolo dende cada titoría esollendo a unha muller importante, as dúas titorías de 6º de educación infantil escollemos a Teresa de Calcuta, unha muller a que lle foi concedido o premio nobel da paz e o a medalla presidencial da liberdade. Coñecimos que axudou a moitas persoas dándolle un fogar onde vivir, escolas para formarse, alimentos, etc, de xeito que o seu superpoder era axudar a todas aquelas persoas que o necesitaban.
OSO POLAR
O outro día fixemos un oso polar pegando algodón e logo cunha pinza collimos un pompón para facer as folerpas de neve arredor do oso, xa que onde viven os osos polares fai moitísimo frío.




