xoves, 25 de abril de 2024

ANDAINA VÍA VERDE

Aquí van imaxes da andaina de onte entre Santaia e Gorgullos. Andivemos uns 4 km. como todos uns campións e campionas. 



 

LIBRO VIAXEIRO SIMBA: 4º VISITA

Esta semana Simba visitou a casa de Alejandro G.







martes, 23 de abril de 2024

ABELLAS MARCAPÁXINAS

 Con motivo do día do libro convertímonos en costureiras e costureiros xa que cosimos gomaeva para crear uns marcapáxinas de abellas. Despois pegamos dúas tiras de gomaeva adhesiva negra e finalmente os ollos. 

Así que agora cando leamos un conto xa temos un marpáxinas para saber onde quedamos.



FLOR CREATIVA

Aproveitando que xa estamos en primavera fixemos unha flor creativa con grafismo, de xeito que en cada pétalo ten un grafismo, o cal tivemos que facelo de diferentes cores e o talo foi un depresor que pintamos con rotulador. Quedaron unhas flores moi coloridas 🌺🌻🌼🌷🌸🌹

 


martes, 16 de abril de 2024

AVIFAUNA E FORMIGAS DE SAN CLODIO

 Déixovos os vídeos da excursión a Avifauna e ás Formigas de San Clodio o xoves 11 de abril.






LIBRO VIAXEIRO SIMBA: 3º VISITA

 Desta vez Simba visitou a casa de Iris.




luns, 15 de abril de 2024

LIBRO VIAXEIRO DE SIMBA: 2º VISITA

A segunda visita de Simba foi á casa de Brais.