Onte cando chegamos de comer, na clase había unhas pegadas moi grandes, despois de moito especular de quen poderían ser, chegamos a conclusión de que eran dun tiranosaurio que veu de visita e debuxou as súas pegadas nunha cartulina e, logo, recortounas para que nos, encheramos coas pegadas das nosas mans as súas. Así, comprobamos que as nosas pegadas son moi pequenas en comparación coas do tiranousaurio. Fixemos as pegadas da man dereita de vermello e as da esquerda de azul.
Ningún comentario:
Publicar un comentario