martes, 11 de decembro de 2018

LÓXICA - MATEMÁTICA

Temos un novo xogo na clase que consiste nunha táboa de dobre entrada. na cal temos que fixarnos na cor e no número de boliñas de plastilina que temos que poñer en cada un dos cadradiños. Parece algo moi sinxelo, pero a verdade é que hai que pensar tendo en conta dous criterios, o cal os peques teñen que razoar e fixar a súa atención en dúas condicións. Desta maneira desarrollamos o pensamento lóxico-matemático.


Ningún comentario:

Publicar un comentario