Na primeira folla teñen que escribir o seu nome, indicar porque letra comeza e dicir cantas letras ten. Na segunda folla teñen que escribir un país, animal e 5 cousas que comecen pola mesma letra que o nome. E, por último, escribir 5 cousas que conteñan a letra inicial do seu nome no lugar que sexa.
Como indico nas instruccións pódese facer co material que queirades, brillantina, rotuladores, pinturas, ceras, goma eva, papeis de cores, papel charol, papel celofán, facer debuxos, etc.
Déixovos uns exemplos de como se pode facer.
AVISO: con este libro viaxeiro levaredes o dos números para ver como quedou unha vez rematado. De xeito, que vai e ven co libro viaxeiro dos nomes.
IMPORTANTE coidalos moito xa que está feito por grandes artistas con grandes colaboracións.
MOITAS GRAZAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario