venres, 8 de febreiro de 2019

XOGO DAS SÍLABAS.

Á clase chegou unha táboa de letras, nas columnas hai vogais e nas filas catro consoantes. Para diferenciar ben unhas doutras, as vogais están de cor vermella e as consoantes de cor negra. O xogo consiste en que eu lles digo unha consoante e eles escollen a vogal, ou viceversa. Entón teñen que fixarse en que cadradiño as teñen que xuntar para escribilas. Deste xeito, coñecemos como soan cando xuntamos dúas letras diferentes; é unha forma de que vaian dándose conta de como se descifra o código de lectura. Pareceulles moi divertido, xa que como é un folio A3 plastificado, poden escribir co rotulador e se hai unha equivocación borran cun anaquiño de papel de cociña. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario