venres, 29 de marzo de 2019

MERCURIO E VENUS

Comezamos a nosa viaxe en compañía do noso amigo Paxi, a mascota da oficina de educación da ESA (axencia espacial europea), primeiro presentouse, contounos de onde ven, que lle gusta, etc. Pinchade no seguinte enlace para coñecer a PAXI.
Unha vez que xa coñecemos a Paxi, unímonos a él para viaxar polo sistema solar, mostrounos os planetas que o forman e algunha cousiña máis: PAXI - SISTEMA SOLAR.

Agora que xa temos unha visión global do sistema solar e dos seus planetas, toca ir coñecendo pouco a pouco cada un dos planetas que o forman.
A nosa primeira parada é o planeta Mercurio, que é o que está máis cerca do sol e é o máis pequeno. Observámolo e tocámolo na tablet coa realidade aumentada. Ás veces, cando non enfocamos ben escápase da tablet e témolo que buscar de novo, pero enseguida volve para poder seguir obvervándoo. E, para coñecer algunha característica máis, vimos o seguinte vídeo MERCURIO.



O seguinte planeta que obsevamos é Venus, que é, o segundo planeta do sistema solar e o máis caloroso. Desta vez, na pantalla da aula vimos e tocamos o sistema solar, de xeito que podemos ver como xiran os planetas arredor do sol e que xire solo dándolle a play. Puidemos ler información sobre o planeta, ver como xira arredor do sol e, despois, buscamos onde estaba, porque non sempre estaba no mesmo lugar, xa que como podemos mover a súa posición, había momentos que estaba oculto . Para máis información sobre o planeta pinchade no seguinte enlace VENUS.



Ningún comentario:

Publicar un comentario