Como xa estamos na primavera, comezamos a traballar con esta temática. Unha das primeiras manualidades que fixemos para decorar o pasillo foron unhas bolboretas co corpo dourado, plateado e marrón; e as alas de diferentes cores e con pegatinas redondas. De xeito que quedaron unhas bolboretas moi coloridas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario