luns, 15 de abril de 2019

MARTE

Chegamos o planeta vermello: Marte. Primeiro vimos dous vídeos explicativos:





Con estes vídeos aprendimos que Marte ten casquetes polares como a Terra, tivo ríos, e ten o punto máis alto do sistema solar, que é o monte Olimpo. E, que pola cor que ten chamámoslle o planeta vermello. Unha das cousas que máis nos chamou a atención é que ten dúas lúas: Fobos e Deimos.

Unha vez que xa coñecemos Marte, observámolo coa realidade aumentada, tocámolo e dímoslle voltas para ver como era e intentamos atopar os casquetes polares e o monte Olimpo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario