O mércores 8, fomos ata Brión, xa que dentro do "Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas", a Garda Civil levou a cabo unha exhibición solidaria, xa que levamos alimentos non perecedoiros e material escolar para entregar a entidades colaboradoras (Cruz Vermella, bombeiros, Protección Civil, policía local...), que logo distribuen entre as familias que o necesitan.
No seguinte enlace podedes ler a noticia que saiu en "La voz de Galicia": EXHIBICIÓN SOLIDARIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario