Unha vez que coñecimos o planeta Neptuno, o último dos planetas, fixemos o sistema solar cos oito planetas en grande.
Primeiro, fixemos o sol mesturando plastilina amarela e vermella, unha vez mesturada pegámola no sol. Segundo, fomos buscando o planeta que nos tocou na tablet fixándonos nas dúas primeiras letras do inicio, pinchamos nel e facíase grande para ver que cor había que utilizar. Terceiro, pegamos os planetas en orde para poñer o nome a cada un. E, por último, puxemos moitas estrelas, xa que no espazo hai moitas estrelas que podemos observar cando é de noite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario