Chegaron á clase cinco reloxos de area de distintas cores e distintos tempos. Cada tempo ten asociado unha cor: 1 minuto é a cor azul, 3 minutos a cor vermella, 5 minutos a cor fucsia, 10 minutos a cor laranxa e os 15 minutos a cor violeta.
Fixemos comparacións, primeiro comparamos 1 minuto e 3 minutos, observando cal ramataba antes, e tamén o mesmo cos 10 minutos e os 15. Deste xeito podemos observar dunha maneira máis directa canto dura o tempo, xa que para os nenos e nenas o tempo é complicado de entender porque non o poden ver e experimentar de forma directa. Así, agora cando pregunten canto tempo falta para a merenda , o recreo, a saída, etc, podemos contalo e observalo cos reloxos de area.
Que bonita e sinxela forma de traballares o tempo coa cativada! Por veces, é difícil explicarlles canto é un minuto.
ResponderEliminarGrazas. Gustoulles moito.
ResponderEliminar