A asociación de persoas con necesidades específicas da Costa da Morte (aloumiños) invitounos a participar na elaboración do seu calendario do ano 2020 mediante un concurso; que consistirá en seleccionar 12 debuxos sobre a diversidade funcional por parte do alumnado.
Para entender esto da diversidade funcional, primeiro botamos unha ollada o calendario de aloumiños do ano 2019 que temos na aula, observando e comentando os debuxos de cada mes. Logo vimos unha curtametraxe relacionada co tema titulada CUERDAS (pinchade no título para velo).
E, despois, vimos o conto "El libro negro de los colores", onde o protagonista é un neno invidente chamado Tomás, que para "ver" as cores sabóreas, tócaas e úleas. Despois de contarlles o conto e ver que era todo negro, tapamos os ollos e tocamos coas mans para experimentar o conto. E, para rematar uns nenos taparon os ollos e outros fixéronlles de guias para ver como é moverse polo espazo sen vista experimentando que non vemos nada, vemos todo negro como dixeron os peques.
Que actividade tan bonita e sensibilizadora!
ResponderEliminarFamilia de Noa Garcia.
Gracias Salvia.
ResponderEliminarQue xeito tan bonito de irense decatando da diversidade! A Sara encantoulle! Viuno repetidas veces na casa.
ResponderEliminarGracias Laura.
ResponderEliminar