Levarán o conto na carpeta e, dentro da carpeta acompañando o conto vai unha pequena libretiña onde poñerán o título do conto, colorearán se lles gustou ou non o conto e farán un debuxo do mesmo. É importante que "escriban" e debuxen eles aínda que só sexa unha liña ou unha raia. O que se prentende con esta actividade é achegar as nenas e nenos ao mundo da lectura, axudarlles a espertar a súa imaxinación, enriquecer o vocabulario, favorecer a expresión oral e escrita; e así aproximalos a lecto escritura. A lectura necesita de tempo e moita paciencia, queremos que a lectura sexa un premio, nunca un castigo.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario