Fixemos maxia debuxando, xa que sempre temos o "problema" de que a cera branca non pinta nos folios, así que falamos de que como podía ser que teñamos ceras brancas se non pintan. Despois da posta en común houbo alguén que se deu conta que sobre negro sí que pintaba. Polo que collimos unha cartulina negra cada un e fixemos uns debuxos moi chulos, a algún gustoulle tanto que pintou toda a cartulina de branco e non había lugar para poñer o que debuxara, polo que puxémolo por atrás. Ao final a cera branca sí que pinta, e pinta moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario