sábado, 18 de xaneiro de 2020

E TI... DE QUE COR CRES QUE É UN BICO?

Estes días estivemos traballando o conto "De que cor é un bico" .  No cal a súa protagonista Minimoni encántalle pintar milleiros de cousas, pero nunca pintou un bico, e vaise preguntando de que cor podería ser e, o rematar o conto, pregúntanos de que cor cremos que pode ser.
Ante esta pregunta cada un dixo que os bicos poden ser dunha cor o de varias cores, e no que si estivemos todos de acordo é que cando damos un bico ou nolo dan a forza, eses bicos non son os máis amorosos, por eso ningún neno e nena dixo que os bicos poderían ser negros.
Entón cada un  pintou os beizos da cor  ou cores que creen que pode ser un bico.



Ningún comentario:

Publicar un comentario