luns, 3 de febreiro de 2020

DÍA DA PAZ 2020

O 30 de xaneiro celebramos o día da paz, e, os días previos estivemos traballando o que significa a paz, participando no mural conxunto feito por todo o alumnado do colexio.  A nos tocounos a letra A e cinco mans para facer un camiño cara a paz, para as mans pensamos entre todos e todas palabras que nos fixeran pensar en positivo.
Con Alba, a mestra de inglés, fixeron unha pomba reciclando tapóns de plástico e nos fixemos o símbolo da paz coas pombas, as cales pintamos da cor do grupo do que formamos parte. E, para finalizar o día da paz fomos o ximnasio a cantar todo o cole dúas cancións que invitan a paz. Pinchando nos seguintes enlaces podedes escoitalas e velas cos vosos peques: NO DUDARÍA e HIMNO DE LA ALEGRÍA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario