luns, 10 de febreiro de 2020

HORTO I

Por fin chegou o día de ir o horto, fomos o luns 3 despois do recreo, a persoa que nos vai guiar na tarefa de ser agricultores é Manuel Anxo. Desta vez trouxo allos para plantar, primeiro ensinounos a quitarlle a pel con coidado e, logo, a separar os dentes de allo para plantar un en cada burato. Algúns emocionáronse tanto que botaba máis dun nos buratos e despois tapaba coa terra, que foi o máis divertido, tocar a terra coas mans. Xa estamos desexando volver ao horto a seguir plantando e coidando nas plantas. AH! algo importante que nos dixo Manuel Anxo é que todo o que imos plantar e coidar no horto escolar será ecolóxico. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario