sábado, 15 de febreiro de 2020

SEÑOR INVERNO

Xa que estamos no inverno aprendimos unha poesía relacionada con esta estación do ano. 
Unha vez que xa coñecimos a poesía e o protagonista da mesma, decidimos facer o noso propio señor Inverno. Reciclamos os rollos do papel hixiénico do cole, pintámolos de branco, puxémoslle ollos, sombreiro, e unha bufanda. Así quedaron os nosos señores Inverno expostos no corredor para que todo o que pase por diante da nosa aula vexa a nosa obra de arte.



Ningún comentario:

Publicar un comentario