luns, 18 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS

Bo día, que tal o fin de semana? 
Onte, 17 de maio foi o día das Letras Galegas, que este ano esta adicado a Ricardo Carvalho Calero.
A miña proposta é que vexades o seguinte vídeo do conto "As pitas baixo a choiva" adaptado para vós, unha vez que xa o víchedes facedes un debuxo sobre o conto, podedes facer o debuxo coa técnica plástica que queirades: pintura de dedos, collage, plastilina, ... incluso, mesturar varias técnicas no mesmo debuxo, xa sabedes imaxinación o poder.
Se me enviades os debuxos, despois fago un libriño (como fixemos co libro de "Alicia y el coronavirus"), e publico as vosas obras de arte. Espero os vosos debuxos ata o luns  25 de maio.


Nos seguintes enlaces hai máis información sobre a persoa homenaxeada deste ano, o primeiro é da Real Academia Galega e o segundo é do Seminario Galán, onde podedes imprimir fichas para 4º e 5º de infantil (non é necesario que fagades todas, coma se só facedes unha, non pasa nada).



Ningún comentario:

Publicar un comentario