martes, 15 de decembro de 2020

FIN DE ANO

 Estimadas familias!

Co motivo da celebración do Nadal, o martes 22 imos realizar, por adiantado, o FIN DE ANO, polo que vos pedimos que, se podedes, mandedes ao voso fillo/a vestido elegantemente para os festexos.

En dita celebración tomaremos 12 uvas (gusanitos) e brindaremos con champán (dos nenos/as).

Teranse en conta as medidas hixiénicas e de seguridade propias da situación de emerxencia sanitaria na que nos atopamos.

O luns 21 e martes 22 non lle mandedes o mandilón os nenos/as, e as merendas traelas coma sempre.

Moitas grazas!                               


Ningún comentario:

Publicar un comentario