venres, 29 de xaneiro de 2021

ARCO DA VELLA POLA PAZ

Con motivo da celebración do día da paz mañán 30 de xaneiro, as tres aulas de educación infantil fixemos unhas pombas de diferentes cores para facer no noso corredor un arco da vella moi especial. Cada aula coloreou 16 pombas de dúas cores diferentes, e este venres 29 entre todos fomos colocando a nosa pomba no arco da vella. Así quedou o noso super mural do día da paz de 2021.



Ningún comentario:

Publicar un comentario