sábado, 27 de marzo de 2021

SOL DE PRIMAVERA

 Aproveitando que a primavera chegou con toda a súa forza, fixemos un sol, coloreámolo con rotulador e recortámolo. Despois, rachando coas mans, fixemos tiras de papel de seda para pegarllas por atrás, e, finalmente pegámoslle ollos de disitintas cores. 

Así, fixemos un sol co seu propio arco da vella para darlle calor e confort o noso corredor, e así axudar as nosas flores a que florezan máis.

Vémonos o 6 de abril.  Que teñades unas boas vacacións.




Ningún comentario:

Publicar un comentario