xoves, 29 de abril de 2021

ÁRORE PRIMAVERAL EN 3D

Xa que nos gustou tanto o debuxo da flor que fixemos en perspectiva, agora fixemos unha árbore en 3D. Primeiro pintamos con rotulador o campo e o sol, logo no campo verde pegamos o tronco da árbore reciclando o rolo do papel hixiénico. E, para facer a copa da árbore, collimos algodón e reciclando unha botella de limpacristais, a que lle botamos pintura verde e auga para facela máis líquida, pintamos o algodón. Así quedaron as nosas árbores en 3D.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario