xoves, 30 de setembro de 2021

CLAVE DE SOL

Os peques de 4° de educación infantil (3anos) xa tiveron a súa primeira clase de música.  O primeiro que fixemos foi coñecer a clave de sol coloreándola de amarelo. 

Cando rematamos fixemos a primeira escoita da canción do outono de Uxía Lambona e a Banda Molona, a cal non só temos que aprender a letra senón tamén bailala, se queredes escoitala e ver o vídeo só tedes que pinchar no seguinte enlace OUTONO.



Ningún comentario:

Publicar un comentario