Fixemos o noso primeiro circuíto: 1º entramos nos aros saltando,
2º subimos ao banco como se fora unha ponte sobre o río e,
3º pasamos polos conos en zig - zag dando a volta para facer de novo ao circuíto en sentido contrario.
Despois fixemos unhas carreiras dun lado a outro, pero para poder botar a correr tiñamos que escoitar a orde de "XA", e, finalmente xogamos o xogo das cadeiras pero con aros (sempre hai un aro menos que o número de nenos e nenas que son), mentres sonaba o pandeiro tiñamos que correr por todo o ximnasio e cando o pandeiro deixaba de soar había que entrar nun aro, e o que quedaba fóra tiña que sentarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario