Ola a todos e todas, despois dun parón dun curso e medio, volve abrir a xanela da nosa aula para mostrar e compartir o noso día a día con toda a ilusión do mundo.
Este curso voltamos ao C.P.I. Pecalama no concello de Tordoia, onde os protagonistas van ser 9 nenos e nenas de 6º de educación infantil. O noso horario será o seguinte (pinchade na imaxe):
Recordarvos que os meses de setembro e xuño o horario lectivo é de 9:30 h. a 14:30 h., os nenos e nenas que vaian ao comedor ata as 15:30 h. De outubro a maio o horario de luns a xoves é de 9:35 h. a 13:10 h. pola mañán, de 13:10 h. a 14:45 h. tempo de comedor, voltamos a clase ás 14:45 h. ata as 16:30 h., que marchamos para casa. E, os venres é de 9:35 h. ata 13:10 h., o alumnado que vaia ao comedor ata as 14:30 h.
Estades todos e todas convidados a visitarnos e facer comentarios tanto as familias que xa coñecemos coma as novas que coñecemos este curso.
BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!!!!!!😀😀😀😀😀😀😀
Ningún comentario:
Publicar un comentario