Fixemos a nosa primeira creación de grafismo creativo dirixido.
Nunha folla con puntos distribuidos en horizontal e vertical comezamos a unilos con liñas verticais e horizontais, de xeito que nos foron saíndo cadrados. Unha vez feitos os cadrados repasamos as liñas con rotulador e logo coloreamos os cadrados.
Quedounos unha obra de arte moi bonita e colorida, desexamos facer máis para ver que figura, debuxo... pode sairnos a próxima vez que fagamos grafismo creativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario