luns, 23 de outubro de 2023

EN QUÉ RECUNCHO XOGO HOXE?

O outro día na aula puxemos unha táboa de dobre entrada para saber a que recuncho nos toca ir xogar cada día.
Temos que fixarnos en que día estamos, buscar o noso nome e ver que fila  nos tocou para saber o noso recuncho; e así todos os días, de xeito que imos aprendendo o funcionamento dunha táboa de dobre entrada e aproximándonos a lóxica-matemática.
Polo momento só temos os nosos nomes nunha columna, pero cando xa controlemos a táboa de dobre entrada poñeremos os nomes en dúas ou tres columnas á vez para ir discriminando ben a columna dos días da semana.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario