Hoxe martes 17 de outubro comezamos co préstamo semanal dos contos da biblioteca escolar. Cada martes os nenos e nenas levarán un conto, que deberán traer de volta o luns como moi tarde.
Levarán o conto na bolsiña laranxa e, dentro unha carpeta cunha libretiña onde poñerán o título e autor do conto, colorearán se lles gustou ou non e farán un debuxo do mesmo. È importante que "escriban" e debuxen eles aínda que só sexa unha liña ou unha raia. O que pretendemos con esta actividade é achegar ás nenas e nenos ao mundo da lectura, axudarlles a espertar a súa imaxinación, enriquecer o vocabulario, favorecer a expresión oral e escrita; e así aproximalos á lecto escritura.
A lectura necesita de tempo e moita paciencia, queremos que a lectura sexa un premio, nunca un castigo.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario