xoves, 2 de novembro de 2023

SAMAÍN: MANUALIDADES MONSTRUOSAS

As actividades que fixemos durante a semana do Samaín foron grafismo creativo de cabazas e tea de araña con arañas manuais e tamén uns monstros moi monstruosos.

* Nas cabazas en cada cuarteirón  fixemos un grafismo diferente, despois recortámolas e pegámolas nunha cartulina amarela.

* Coas arañas, consistiu en unir o punto central cos laterais formando unha tea de araña, e coa nosa man fixemos a nosa araña, a que lle pegamos ollos e unha boca feita con plastilina.

* E, por último, coa técnica do soprado con pintura moi rebaixada en auga fixemos uns monstros moi monstruosos con ollos, boca e cornos terroríficos.

🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario