martes, 26 de maio de 2020

CORES POR CAPILARIDADE

Bo día, hoxe imos ser outra vez científicos, poñer o voso mandilón e preparados.
Necesitamos:
- auga
- colorante alimenticio líquido ou pintura de dedos
- papel de cociña.
- 3 ou 4 vasos de cristal
Poñemos dous vasos con auga  e unha cor diferente en cada vaso, e entre eles un  vaso máis baleiro. Dobramos o papel de cociña, sumerximos un extremo nun dos vasos con líquido e outro nun vaso baleiro. Pasado un tempo (ao mellor poden ser horas) o líquido subirá por capilaridade e o vaso baleiro encherase de auga que será o resultado da mestura das dúas cores dos extremos. A cantidade de líquido quedará ao final igualada en todos os vasos.
Tamén pódese facer con só tres vasos (dúas cores a mesturar) ou engadindo máis cores. Os vasos poden colocarse en fila ou en círculo.
Este experimento vainos servir para traballar a paciencia e a espera de que hai cousas que tardan un tempo en producirse.

EXPERIMENTO: Capilaridad - Química en casa.com  Experimentos para primaria para aprender | EDUCACIÓN 3.0

1 comentario: