venres, 22 de maio de 2020

XOGO DE AROS

Bo día campións e campioas. Hoxe propoño que vós mesmos construades un xogo para que xoguedes coa vosa creación.  Con este xogo imos traballar a coordinación óculo-manual e a precisión.
Para facer o xogo de ensartar aros nun pao necesitaremos:
- un rolo de papel de cociña
- pratos de plástico ou cartón
- tesoiras
- cinta adhesiva
- pintura de dedos, ceras, rotuladores...
Primeiro colocamos o rolo do papel de cociña verticalmente enriba dun prato, colocado boca abaixo e pegámolo coa cinta adhesiva para que non se mova cando lancemos os aros.
A continuación recortamos a parte central de varios pratos para transformalos en aros. Para decorar os aros empregaremos as pinturas, ceras, rotuladores...
E, xa temos o noso xogo de ensartar aros nun pao. Tamén traballades o conteo, contando os aros que ensartedes no pao.


1 comentario: