O xoves 9 imos comezar co libro viaxeiro ABN para facelo en familia, de xeito que cada xoves un neno ou nena levará o libro a casa e traérao de volta o martes. Trátase dun libro deseñado para pensar posibles soluccións a problemas da vida cotiá, usando como único dato unha fotografía que debe ser interpretada polos peques coa axuda dos adultos. Teredes a vosa disposición dúas carillas (as que teñen de marco os números) que levarán o nome da nena ou neno que lle toque levalo e a data entrega e data de volta. Nas dúas primeiras páxinas do libro están as instruccións máis explicadas e concretadas.
A continuación déixovos uns pequenos exemplos de como podedes facelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario