martes, 5 de decembro de 2023

ÁRBORE DE LETRAS

 Xa chegou o Nadal ao cole, inaugurámolo cunha árbore de Nadal de letras do noso nome para colgar no corredor. 

Primeiro pintamos as letras do noso nome e logo as bolas pintámolas de prateado e dourado usando un pompón suxeito a unha pinza, despois coloreamos o tronco e a estrela para rematar recortando e pegando cada unha das partes montando así cada un a súa árbore.

 Algún quedou moi longo e cando pasamos polo corredor témolo que facer con coidado para non chocar coas árbores. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario