O martes 19 fomos de excursión a CORAX FAUNA no concello de Paderne, pasámolo moi ben e vimos moitos animais. A monitora, Lucía, contounos moitas cousas sobre os diferentes animais e, incluso, deulle de comer a algún; que ruxía cando lle ensinaba a comida.
Despois de ver a todos os animais comimos, xogamos un pouco e fixemos uns obradoiros cos monitores Lucía e Javier.
A continuación vai un vídeo resumo do que vimos e fixemos en CORAX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario