venres, 22 de decembro de 2023

FIN DE ANO 2023

Onte foi o último día de clase do primeiro trimestre e tamén do ano 2023 polo tanto celebramos un fin de ano moi especial as tres aulas de educación infantil, reunímonos na nosa aula todos e todas e comimos os 12 gusanitos coas badaladas de Pocoyó e os seus amigos. Viñemos todos e todas moi elegantes para a ocasión. Despois pola tarde continuamos a festa con comilona e baile no ximnasio, foi super divertido o día.

Déixovos un resumo deste día tan especial e o vídeo coas badaladas de Pocoyó por se queredes practicar cos nenos e nenas para o día 31 de decembro.

Vémonos o 8 de xaneiro.

FELICES FESTAS !!!!! 🎄🎄🎄🎅🎅🎅🎅🎅🎆🎆









Ningún comentario:

Publicar un comentario