luns, 29 de xaneiro de 2024

A NOSA MASCOTA: A SERPE SIMBA

O outro día chegou a clase unha bolsa moi grande, e estivemos pensando que había dentro da bolsa, dixemos varias cousas (xoguete, verme, serpe...). Despois abrimos a bolsa, e resulta que é unha serpe moi grande, e decidimos poñerlle un nome entre todos, primeiro propuxemos varios nomes e logo votamos. 

E o nome gañador foi.... SIMBA. 

Tamén dixeron que foi un agasallo dos Reis Magos para a nosa clase polo que Simba converteuse na nosa mascota. E como todos e todas queremos ter a Simba e achuchala, pois imos facer un libro viaxeiro con ela. Cando comecemos co libro de Simba xa avisamos. 










Ningún comentario:

Publicar un comentario