luns, 22 de xaneiro de 2024

ROUPA DE INVERNO: BUFANDA

Como xa estamos no inverno comezamos con grafismos creativos invernais en obxectos típicos do inverno. 

Este primeiro grafismo consistiú en facelo nunha prenda que serve para quitar o frío do pescozo; unha bufanda, na que fixemos puntos, círculos e raias (horizontais, verticais e diagonais).

Quedaron unhas bufandas moi orixinais, tanto que algún quería unha bufanda así de orixinal para o seu pescozo.







Ningún comentario:

Publicar un comentario