xoves, 30 de outubro de 2025

SAMAGOSTO 2025

Hoxe tocou celebrar o Samaín e Magosto, por iso o nome de Samagosto.

Chegamos disfrazados que daba medo e logo fomos a aula de psicomotricidade, onde xogamos a buscar bechos con lupas, pinzas ou culleres entre o medio de arroz, grans ou fabas negras; tamén colocamos aos monstros no castelo onde corespondía; tiñamos o cubo de luz negra onde facíamos debuxos con rotus fluoroscentes e logo coa lanterna de luz negra viamos o resultado; fixemos caras de monstros con elementos da natureza e tamén con pegatinas; maquillámonos coma monstros; e construimos con pezas e bechos. Foi moi divertido e tenebroso, xa que o fixemos ás escuras.

Logo fomos visitar o túnel do medo no 1º andar que daba moito medo, e para rematar na hora da merenda fomos degustar castañas asadas na zona das vivendas cos nosos acompañantes lectores de 5º C de primaria que nos axudaron a pelalas. 

Boa fin de semana, vémonos o martes.

💀💀💀💀💀👻👻👻👻👻🎃🎃🎃🎃🎃



Ningún comentario:

Publicar un comentario