venres, 11 de xaneiro de 2019

OS NOMES

Como xa todos saben poñer o seu nome sen mirar a tarxeta, comezamos a volta das vacacións a poñer o nome co primeiro apelido. Non só nas fichas, senón tamén na entrada á clase buscan a tarxeta co nome máis o apelido, nas rutinas a quen lle toque ser encargado ten que poñer as letras do nome e apelido. De xeito que, cando gardan as fichas e buscan o recuncho que lles toca tamén teñen toda esa información. Así, non só traballamos a lectoescritura, senón tamén teñen que organizarse ben no espacio da folla cando teñen que escribir, xa que agora necesitan máis espacio.
A todos encantoulles a idea de aprender a escribir o seu apelido, xa que todos sabían cal era, pero agora van coñecelo un pouco máis.





Ningún comentario:

Publicar un comentario