Comezamos cun pequeniño proxecto sobre a reciclaxe. Primeiro vimos o vídeo " Sabes a cor do colector?" dos Bolechas explicando os distintos colectores de lixo que hai e que se bota en cada un deles.Para ver o vídeo pinchade no seguinte enlace COLECTORES. Unha vez que xa coñecemos os colectores que hai, observamos que hai dous que non imos usar, que son o do vidro e o das pilas, que como, xa dixeron eles, son materiais perigosos para manipular na aula. Pero si teremos os outros tres, o do papel e cartón, o do lixo orgánico e do inorgánico.
Logo xogamos a botar o lixo no colector que lle corresponde, un xogo on-line, para xogar pinchade no seguinte enlace XOGO DE ASOCIAR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario