Despois de picar as manoplas, co papel que lles quitamos, reciclámolo para facer outras manoplas estampando as nosas mans de distintas cores. E, para rematalas, recortamos cartulina brillante de diferentes cores para pegarllas na parte do pulso. O que máis lles gustou desta actividade foi ter que mollar as mans directamente na pintura, traballando así o sentido do tacto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario