venres, 22 de febreiro de 2019
NEVE
Como actividade final do "Libro do inverno" con dúas caixas de fariña de millo e con espuma de afeitar fixemos neve. Primeiro baleiramos a fariña e, logo, fomos botando pouco a pouco a espuma de afeitar e remexendo todos e todas un pouco. Puidemos comprobar que é suave, fría, e, relaxante e divertido xogar con ela (traballando, outra vez o sentido do tacto). Intentamos facer bolas e bonecos de neve, algunhas sairon e outras non, pero o que realmente lles gustou foi manipular a neve. ⛄⛄⛄⛄⛄⛄
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario