Estreamos a mesa de luz facendo trazos verticais e horizontais (lecto-escritura) os peques de 3 anos e, repasando os números 1, 2 e 3 (lóxica-matemática) os non tan peques de 4 anos. Pero en vez de facelo nun papel co lápis e con rotulador, fixémolo con pompóns de cores, o cal encantoulles que fora dunha forma tan diferente. Estiveron moi atentos, xa que na mesa de luz hai diferentes cores. Unha vez que todos fixeron o que lles correspondeu, deixamos os pompóns e a mesa iba cambiando de cores (podedes velo no vídeo que hai a continuación do collage).
Ningún comentario:
Publicar un comentario