Levamos varios días facendo series de diferentes cores con pompóns e coas regretas, Traballando conceptos lóxico - matemáticos tendo que razoar que cor toca de cada vez, algo que parece sinxelo pero non é.
Primeiro fixémolo coas regretas, de xeito que coñecimos que cada regreta ten unha cor distinta porque teñen diferente valor. E, logo, fixemos series cos pompóns. Pero desta vez podían escoller o que quixeran mentres fora da cor que correspondía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario