xoves, 19 de decembro de 2019

CATÁLOGO XOGUETES PARA TODOS E TODAS

Aproveitando que estamos na época na que os peques escollen o que queren pedir para nadal,  e os nenos e nenas de 5º de educación primaria fixeron un catálogo de xoguetes para todas e todos, é dicir, un catálogo non sexista, de xeito que non hai xoguetes de nenos ou de nenas senón xoguetes para todos e todas: os nenos e nenas poden cociñar, ter coches, crear pulseiras, etc... Tivemos a sorte que nolo deixaron na nosa clase para que lle botaramos unha ollada e así xa ir pensando o que queremos pedir na carta dos Reis Magos que imos facer no cole.


Ningún comentario:

Publicar un comentario