venres, 20 de decembro de 2019

REIS MAGOS

Ollamos o catálogo de xoguetes que tiñamos na clase, despois escollimos  xoguetes para pedirlle aos reis magos, foi unha elección moi complicada xa que había moito onde escoller; e só podíamos escoller tres xoguetes, xa que se escollíamos máis non había para os outros nenos e nenas da escola e do mundo. E, hoxe último día de clase entregamos esas cartas tan importantes aos Reis Magos, foron moi emocionados e felices de ver aos reis e entregarlles algo tan importante como é o que queren que lles deixen os Reis Magos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario