venres, 20 de decembro de 2019

FESTIVAL E CHOCOLATADA

Chegou o día do festival de Nadal, fomos os primerios en saír ao escenario cantando dúas cancións en inglés, a primeira cantáronna sos e a seguinte todo o alumnado de educación infantil, e de última  cantaron unha panxoliña interpretada por todas as nenas e nenos de educación infantil. Despois seguimos vendo a todas as nenas e nenos do colexio coa súa actuación. Unha vez rematado o festival fomos a clase a saborear un chocolate moi rico cuns biscoitos, para logo recibir as súas maxestades  os Reis Magos. As actuacións dos peques foron fantásticas e fixéronno fenómenalmente ben, sons uns pequenos grandes artistas.
A continuación déixovos tres vídeos do día de hoxe, o primeiro é da chocolatada e inicio do festival, o segundo da actuación cantando en inglés e por último, a panxoliña , neste vídeo primeiro está o ensaio na aula e logo o directo sobre o escenario, esperamos que vos gustara e que vos guste a quen non puido vir velos.
Agradecer a ANPA a colaboración e o  traballo feito hoxe para que todo saira tan ben. Moitas grazas.
BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO !!!!














Ningún comentario:

Publicar un comentario