Con motivo da celebración das Letras Galegas, hoxe 17 de maio, adicado a Xela Arias; estivemos coñecendo un pouco a esta escritora e tradutora.
Coñecimos que estudiou infantil (o que facemos nós) no colexio Fingoi de Lugo, o cal visitamos e logo vimos a canta distancia estaba dende o noso cole, e sabemos que lle adicou o seu fillo Darío un libro de poemas moi bonito, "Darío a diario"
Pinchando nos seguintes enlaces poderedes tamén visitar o cole e ver como se chega:
Ao venres, para finalizar a semana das letras galegas, viñeron da deputación de A coruña, a commemorar o día das Letras Galegas pintando unha frase dun escritor galego nunha das paredes do patio, a que nos tocou a nós foi a dun poema de Rosalia de Castro, que é a seguinte:
" Non che teño medo moucho,
moucho non che teño medo"
e, despois , como sabemos que é dos poemas que están musicalizados, buscamos a canción para escoitala e bailala.
Aquí tedes o que fixemos o longo da semana para celebrar o día das Letras Galegas deste ano 2021. Recordade que o martes 18 non hai clase, vémonos o mércores 19.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario